FUNCIÓNS

A proposta de ordenación en materia de consumo, o apoio técnico ós servicios de inspección de consumo de outras Administracións Públicas, así como, o desenrolo das funcións relativas ao bo funcionamento do mercado para a protección do consumidor e a xestión da rede de alerta dos productos de consumo non alimenticios.

A información, formación e educación dos consumidores.

A promoción e realización de enquisas e estudos en relación co consumo, así como, a interlocución cos sectores económicos para a promoción de boas prácticas e da transparencia na súa relación cos consumidores.

A secretaría dos órganos de cooperación cas Comunidades Autónomas e o apoio á Conferencia Sectorial de Consumo.

As relacións institucionais.

A implantación, desenrolo e difusión doSistema Arbitral de Consumo, de acordo cas disposicions legais vixentes.

A proposta e análise de normas en materia de regulación de consumo.

A relación cas Xuntas Arbitrais de Consumo constituidas e a xestión da Xunta Arbitral Nacional.

A preparación de accións xudiciais en defensa dos intereses xenerais dos consumidores de conformidade co previsto na lexislación vixente.

A promoción, o fomento e o rexistro das asociacions de consumidores e usuarios.

O apoio ao Consello de Consumidores e Usuarios.

A realización de análises, probas e ensaios sobre a calidade e seguridade dos bens e servicios de uso e consumo.

A formación e asesoramento de personal técnico.

O fomento da calidade analítica e tecnolóxica na área de control de bens e servizos.

¿Qué asuntos se tratan?

Prácticamente, todos os relacionados co ámbito do consumo, que poden estructurarse nos seguintes sectores:

- Bens (automóviles, electrodomésticos, xoguetes, roupa...)

- Suministros (auga, electricidade, gas, teléfono...)

- Servizos (os seguros, o transporte ou os servizos que prestan as tintorerías, as axencias de viaxe, os bares e os restaurantes).

¿Quén pode utilizar este servizo?

Todos os consumidores e usuarios (recorda que consumidor é a persoa física ou xurídica que compra ou utiliza como destinatario final, bens, produtos, servizos, actividades ou funcións).

Na Mancomunidade Terra de Celanova:

O consumidor que queira formular unha consulta ou reclamación pode facelo a través de diversas vías: por carta, por teléfono, por fax, ou dirixíndose personalmente a OMIC.

¿Segue recibindo chamadas telefónicas non desexadas con propostas comerciais?

Entón ten que saber:

1) Que a Lei considera desleal por agresiva a realización deste tipo de prácticas sin o seu consentimento.

2) Que quen chama debe facelo desde un número de teléfono identificable.

3) Que ó recibir a primeira chamada ten dereito a manifestar a súa oposición a recibir novas chamadas.

4) Que si, a pesar disto, segue recibíndoas pode denuncialo aos seguintes organismos e institucións:

- Instituto Galego de Consumo

- OMIC da Mancomunidade Terra de Celanova

- Asociacións de Consumidores e Usuarios

5) Que a súa denuncia permitirá a calquera destos organismos emprender accións contra a empresa que efectúa.

ETIQUETADO NUTRICIONAL

A etiqueta é a tarxeta de presentación dos alimentos que compramos e consumimos.

En Europa, non existe hoxe por hoxe obligación legal de incluir a información nutricional dos alimentos na etiqueta, salvo cando se realiza unha alegación nutricional. Por exemplo, cando se menciona no pack dun producto “rico en calcio”, baixo en colesterol" ou "con vitamina A e E" debe de incluirse o etiquetado nutricional no producto, informando de cál é o seu contido en calcio, baixo en colesterol ou vitamina A e E.

Moitos produtos de alimentación proporcionan información nutricional nos seus envases para que podamos saber qué nutrintes nos aportan e en qué cantidade. A información nutricional básica dos productos é sobre: valor enerxético, proteínas, hidratos de carbono e graxas.


¿Qué sabe o consumidor?


A partir das enquisas realizadas, chégase á conclusión de que os consumidores non leen as etiquetas dos alimentos e que a información nutricional non se utiliza para realizar unha mellor elección de alimentos. As dificultades á hora de comprender a información das etiquetas e a maneira en que se presentan levan á Comisión Europea a proceder a unha revisión da Directiva relativa ó etiquetado sobre propiedades nutritivas dos productos alimenticios.


O etiquetado é sólo unha forma de ofrecer ó consumidor unha información adecuada; podría facerse moito máis para axudar aos consumidores a realizar opcións saudables con coñecemento de causa. Persiste a opinión de que a etiqueta proporciona unha información clara, sinxela e adaptada ó consumidor.


A norma xeral é que o etiquetado ten que ser claro e conciso e que nunca debe inducir a error ó consumidor no que se refire a características, composición, natureza, cualidades, cantidade, orixe ou modo de fabricación.

DEREITOS BÁSICOS DOS CONSUMIDORES

a) A protección contra os riscos que poidan afectar a súa saúde ou seguridade.

b) A protección dos seus lexítimos intereses económicos e sociais, en particular, frente á inclusión de cláusulas abusivas nos contratos.

c) A indemnización dos danos e a reparación dos prexuicios sufridos.

d) A información correcta sobre os diferentes bens ou servizos e a educación e divulgación para facilitar o coñecemento sobre o seu adecuado uso, consumo ou disfrute.

e) A audiencia en consulta, a participación no procedemento de elaboración das disposicións xerais que lles afectan directamente e a representación dos seus intereses, a través das asociacións, agrupacións, federacións ou confederación de consumidores e usuarios legalmente constituidas.

f) A protección dos seus dereitos mediante procedementos eficaces, en especial ante situacións de inferioridade, subordinación e indefensión.

No hay publicaciones.
No hay publicaciones.